miércoles, 9 de noviembre de 2016

Hoxe plantamos xacintos!

Nesta nova actividade, imos ser xardineiros.
No noso patio, adxudicouse unha xardineira por curso para plantar flores e que así na primavera todo o patio esté florido e fermoso.
A nosa clase tocoulle plantar xacintos.

Esperemos que crezan sans e fortes coma todos nos.
Os coidaremos con moito mimo!


Resultado de imagen


Primeiro, vaciamos a xardineira das malas herbas. Estaba repleta!
Despois, movemos a terra.
A continuación, botamos compost da nosa composteira, feito por nos durante todo o ano pasado.
E por último, plantamos os bulbos dos xacintos e os cubrimos.

Aquí tedes a mostra.


jueves, 3 de noviembre de 2016

Saída Novembro 2016

Para rematar estas vacacións, o mércores fomos de excursión. A saída consistía en ir ver unha obra de teatro "Pulgarcito" na sede de Afundación (Pontevedra). A continuación, merendamos e xogamos no parque da Alameda. Por último, visitamos a exposición "Arquitectura de sensacións" - http://www.afundacion.org/es/evento/exposicion_sede_afundacion_pontevedra._arquitectura_de_sensacions.
Foi un día xenial!!!! Aqui tedes a mostra!!!






viernes, 23 de septiembre de 2016

Saída a Portocelo - setembro 2016


Hoxe foi un día especial, para despedir o verán festexámolo da mellor maneira... na praia!

Para que vos fagades unha idea de cómo o pasamos... Aquí está a mostra!

Unha aperta a todos!

viernes, 17 de junio de 2016

Brochetas de froita

Para culminar con Proxecto de Froita una escola, elaboramos una brocheta saudable con froita.

Unha merenda moi especial!








Mermelada de albaricoque

Hoxe fixemos unha mermelada riquisima con froita de tempada no seu mellor momento: albaricoques.
Que boisima estaba!
Todos levamos a proba para casa.





jueves, 24 de marzo de 2016

O noso horto

Co comezo da primavera. puxémonos mans a obra coas tarefas do noso horto.

Este ano, axúdanos unhas rapazas da Horta Agrelo (Bueu), teñen preparadas para nos unhas actividades sorprendentes!

Neste día, traballamos un montón, todos sachamos, removemos a terra, abonámola, plantamos e recubrimos de palla para que non saian mala herbas!!!

Plantamos xudías, cabaza, cebolas, tomates, leitugas, remolachas, repolos.... un sinfín de verduras e hortalizas.

Agora, neste trimestre, tócanos coidar para que vaia todo arriba... A ver se temos sorte!


Saída a Lourizán

No mes de marzo realizamos unha saída nova!
Foi xenial!
Primeiro, saímos camiñando do colexio ata Lourizán!! Camiñamos moitísmo, pero foi unha experiencia marabillosa.
Cando chegamos ao Pazo de Lourizán, quedamos asombrados do bonito que era aquilo!
Agustín, o garda forestal, explicounos moitos detalles do lugar... Canto sabe este home!
Recomendo ás familias achegarse a este paraíso na época da primavera... ten que ser alucinante!