jueves, 24 de marzo de 2016

O noso horto

Co comezo da primavera. puxémonos mans a obra coas tarefas do noso horto.

Este ano, axúdanos unhas rapazas da Horta Agrelo (Bueu), teñen preparadas para nos unhas actividades sorprendentes!

Neste día, traballamos un montón, todos sachamos, removemos a terra, abonámola, plantamos e recubrimos de palla para que non saian mala herbas!!!

Plantamos xudías, cabaza, cebolas, tomates, leitugas, remolachas, repolos.... un sinfín de verduras e hortalizas.

Agora, neste trimestre, tócanos coidar para que vaia todo arriba... A ver se temos sorte!


Saída a Lourizán

No mes de marzo realizamos unha saída nova!
Foi xenial!
Primeiro, saímos camiñando do colexio ata Lourizán!! Camiñamos moitísmo, pero foi unha experiencia marabillosa.
Cando chegamos ao Pazo de Lourizán, quedamos asombrados do bonito que era aquilo!
Agustín, o garda forestal, explicounos moitos detalles do lugar... Canto sabe este home!
Recomendo ás familias achegarse a este paraíso na época da primavera... ten que ser alucinante!