viernes, 9 de octubre de 2015

REPOSTEIROS POR UNHAS HORAS...

Hoxe elaboramos marmelo co froito da árbore do marmelo que temos no patio do colexio. Totalmente natural!
Despois de pelar e trocear os marmelos, os mesturamos co azucre e un limón e puxémolos a cocer.
Mentras, traballamos sobre a receita do doce de marmelo e elaboramos un mural.
Esperemos que vos guste. Foi unha actividade xenial!
Os 6kg de doce de marmelo foron doados o comedor social de Marín.
Anímovos a elaborar este rico doce nesta longa fin de semana e se non que compredes un anaquiño para darlle a probar os rapaces. Moitos non o coñecían!!
Boa longa fin de semana!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario